Bos Días:

desde aqui quero coñecer a opinión dos/as diferentes mestres/as de Educación Física, sobre a utilidade das Tic´s na nosa área, que é evidentemente motriz, ainda que non está carente de compoñentes cognitivos, para os cales ás Tic´s poden ser un bo medio de traballo, que sustituya o libro de texto, que ademáis de ocupar espacio e pesar na bolsa dos/as rapaces/as, non ten a forza que hoxe en día teñen as Tic´s e todolos seus recursos.
por isto espero que a participación de quen teña a ben mostrarla, tanto a favor como en contra, para entre todos/as axudarnos a utilizalas Tics nas nosas prácticas e lograr unas sesións de Educación Física moito máis motivantes para o noso alumnado.

un cordial saúdo e
parabéns para todos/as

Tags: educación, física, tics

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Hola!

A pesar de que a área de EF é evidentemente motriz, o uso das Tic´s podese ser útil para acceder á información e a diferentes contidos. É habitual o uso de videos na área de EF para que o alumnado visualice diferenes deportes e as súas técnicas e tácticas. Os videos, internet, google earth, ... tamén póden ser útiles para ver e coñecer diferentes instalacións. Tamén se pode utilizar internet, as redes sociais ou os foros para coñecer xogos populares, cancións e bailes típicos doutros países ou rexións, e poder prácticalos cos nosos alumnos.

Responder esta

Ola Cesar mira comentoche.Eu levo 6 anos empregando as TIC,s nas miñas clases de Educación física,tanto a PDA na que lles amoso por exemplo o funcionamente insitu dun grupo muscular por exemplo que estemos traballando,programas de control......asi como o encerado dixital.As miñas sesións comenzan coa explicación das rutinas dese día na P.D.I. e logo imos o patio a desenvolvelas.No terceiro trimestre tamén fago un uso intensivo da mesma asi como do resto de computadoras para as sesións de educación vial.As veces son moi soccoridas cando non tes un sitio axeitado cando as inclemencias metereolóxicas non son boas.
Non debemos abusar delas pero si facer un bo uso para complementar a nosa labor.Creo que xa vai sendo hora de que cambiemos a nosa metodoloxía e vaiamos cos tempos.Hai unha chea de programas que facilitan moito o noso labor e a aprendizaxe motivadora dos/as nosos/as alumnos/as.

Responder esta

Hola, desculpa a ignorancia. Que é unha PDI. E que estou moi verde neste tema. Eu levo pouco tempo facendo sustitucións, e nunca vin a ninguén utilizar o encerado dixital, hai un uso real deste?

Responder esta

RSS

Membros

  • Mª Celeste Alonso Sobral
  • César Viñas Piñeiro
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo