Gustaríame saber como se está a desenvolver o tema da pizarra dixital de baixo custe. En concreto, quen está a utilizar o wiimote e cales son os resultados.

Tags: dixital, pizarra

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Ola compañeiros Alberto e Abraham. No curso pasado montei un encerado dixital de baixo custo seguindo as indicacións da web do CEIP de Palmeira e coa axuda puntual e telefónica de Manuel Bouzán. O resultado foi positivo, pero como ben comentas Abraham hai moitas cousas que pulir. A min non me deu tempo de pulilas pero si recollín algo de información sobre como melloralas.
Catro notas:
- Construir o punteiro foi algo engorroso xa que non tiña experiencia en soldar con estaño.
- Tiven problemas coa sincronía entre mando e pc polo software bluetooth (non conseguín evitar utilizar software pirata (bluesoleil)). -> Este foi para min o problema máis importante
- Os primeiros led que comprei non me funcionaron, déixovos o enlace que me pasou Bouzán para mercar os Led por internet (de aí podedes coller as características):
-- http://es.rs-online.com/web/search/searchBrowseAction.html?method=s...
-- http://es.rs-online.com/web/search/searchBrowseAction.html?method=s...

- É importante que a pantalla sexa de superficie brillante xa que a luz do led rebota moito mellor, e isto nótase moito na precisión do punteiro. Ademáis así aumenta o tempo da pila (si necesita menos intensidade...)
- Non sei quen me dera a idea, pero para suxeitar o mando da Wii está bastante ben un pé de micro con pinza.

O tempo que lle dediquei foi escaso, pero logrei facela funcionar sen demasiados problemas. A pena foi que cando chegou o momento de disfrutala cos rapaces rematou o curso! Hai moita xente a traballar nisto en Galicia, de feito xa hai quen utiliza dous mandos da Wii duplicando o tamaño da pantalla sen perder resolución. Existe potencial.

Un saúdo Alberto. Abraham, vémonos nos pasillos.

Responder esta

RSS

Membros

  • César Viñas Piñeiro
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo