Fun nomeado coordinador TIC no CPI Don Aurelio de Cuntis no comezo deste curso. Quixera saber se hai outr@s coordinadores/as noutros centros de ensino de Galicia. Gustaríame intercambiar experiencias, coñecemento da situación actual neste eido, comentarios, necesidades formativas e de todo tipo, etc.
Seica en Asturias, por poñer un exemplo, levan oito anos de teren coordinadores/as nos centros educativos. Aquí non sei o que está a ocorrer. Unha axudiña?

Tags: coordinadores/as, galicia, tic

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Coido que todo o mundo está na mesma situación ca nós, "lost".
O perfil esta sen desenvolver, din que no novo ROC (Regulamente Orgánico de Centros) a figura aparecerá algo resolta con beneficios horarios etc..., o igual cas demais ...pero o enfoque que lle deron dende as Xornadas Coordinadores TIC é eminentemente Tecnófilo, a excepción dalgún ganduxo de Bouzán que facía fincapé en que mencionada figura ensinara coas TIC, non ensinara TIC.
O perfil TIC, segundo o meu pensar, ten máis que ver con AGORAREDE, dende o punto de vista de ser un observatorio/observador do panorama de experiencias TIC , que dun farmaceutico educativo que receita tecnoloxías, programas ou aplicacións...evidentemente o punto medio e o punto medio.

Responder esta

Estou moi de acordo coa túa reflexión. E reflexionando, reflexionando... estou chegando a unha especie de conclusión (nunca son definitivas) que me leva a pensar que o papel da coordinación non resulta tan fundamental coma o que debe asumir o profesorado na súa formación. Sexa a través de cursos, grupos de traballo, etc., o caso é que cadaquén terá que procurarse uns coñecementos das TIC para podermos facer a transición do ensino tradicional ó que xa se está a implantar. Así, antes ou despois estaremos no ensino 2.0 e quen non se adapte quedará á marxe do sistema educativo. Ou contribuirá a lastralo. No meu centro estou a traballar como coordinador propoñendo centos de recursos, algunhas suxestións, manuais, exemplos en primeira persoa do xeito de introducir as TIC nas aulas... Tamén xestiono como podo as máquinas e o software. Todo en dúas sesións semanais e gratis. ¿Resultado? Fanme máis caso en África (máis visitas ó blogue de TIC) ca no meu centro. E sigo a coordinar, principalmente a min mesmo.

Responder esta

JIjaijiajiaj ai excelente final....autocoordinadores TIC!

Responder esta

Ola compañeiros, outra vez (porque xa escribín no de Pizarra Dixital;) O curso pasado fun coordinador TIC e tal e como está a cuestión, esa praza queda reservada para un mestre con interés que non lle importa estar no centro máis horas das que lle corresponde por lei. É máis, si esa persoa non está formada (e polo xeral non o están), limitarase a parchear cuestións que debían de estar máis que solucionalas, en vez de innovar no USO das TIC's. Exemplo: Un dinamizador TIC debería animar e dinamizar a utilización das Wikis, dos foros, dos CMS dentro da aula, e non explicarlle ós compañeiros que para que unha impresora funcione é importante que esteña enchufada.
Seguro que coñecedes o Proxecto Averroes de Andalucía, si podedes botádelle un ollo a a este documento: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/guadalinex/files/guia_centr... , e si podedes a esta presentación: http://www.slideshare.net/jza/centro-de-gestion-avanzada-andalucia

Na miña humilde opinión, cada vez teño máis claro que é necesaria unha decisión estructural, como no caso de Andalucía.

Responder esta

RSS

Membros

  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo