Leo blogues en galego, en castelán pero non coñezo moito de blogues ou de páxinas de ies ou de liceus de Portugal ou Brasil, para ver como se enfoca ali o ension da lingua, para ter tamén recursos nestas linguas, actividades, etc
Acho que esta rede sería un bo sitio para coñecer máis diso; se alguén controla, e é tan amable...
Graciñas!

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Niso poden axudarnos os membros desta ágora Paulo Miranda Faria (profesor de Lingua, ademais) e Verônica Carvalho. No listado de ligazóns dos seus blogues hai abondas vías.
A profeTeresa tamén ten varios espazos de proveito, coma este.
Precisamente, penso que a rede está a axudar a botar abaixo as barreiras mentais que nos afastan do mundo de lingua portuguesa. Por que non participar en Interactic ou en Internet e web na educação? E, doutro xeito, en sitios tan interesantes como Educação, Matemática e Tecnologias?
Todas as conexións enriquecen, mais estas son ademais precisas.

Responder esta

Hai un blogue de ensino da língua portuguesa que che pode interesar:
"En Badajoz falamos portugués!"
Tes máis neste planeta:
http://www.planetaki.com/ple/subscriptions

Son blogues de ensino da língua portuguesa como língua estranxeira. Igual non é exactamente o que buscas, pero aí van por se che serven.

Eu o que non entendo é como nos institutos do sur de Pontevedra e de Ourense a segunda língua estranxeira é o francés, e non o portugués.

Hai unha web que eu utilizo para que os rapaces e rapazas fagan os traballos de "enxeñería inversa":
Como Tudo Funciona, que é a irmá brasileira de How Stuff Works.

Para buscar a información que necesitan prefiren a web en portugués que en inglés, e iso que estudan inglés.

Responder esta

RSS

Membros

  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo