Non sei, ás veces penso que espera a sociedade, o contexto educativo, etc que ensine un profesor de lingua galega e literatura nos ies? Nun contexto plurilingue -chamemoslle así-, que se agarda que os rapaces aprenden nas aulas de lingua galega, nas aulas de lingua castelá, nas aulas de lingua inglesa ou de lingua francesa?
Este curso, cos cambios legais, a necesidade de facer proxectos linguisticos de centros, que esixan a coordinación dos departamentos de linguas, en xeral, e especialmente a colaboracion dos departamentos de lingua galega e castelá, pensaba como se materializará isto, sobre todo, pensando cal é a práctica, cales son as expectativas do alumnado, o profesorado ,as familias, a sociedade...?
Eu penso que habería comezar por combater tópicos ou prexuízos e incidir nas actitudes, pero claro, desde onde e como?
En fin, sei que estou mesturando "cousas" pero é que non sei por onde comezar...
Por favor, opinade. Graciñas!
Tags:
Compartir
-
▶ Responder esta