Por se alguén aínda non o sabe hai un cio convocado acerca de como ser mellor profesor, para falar.
http://eduideas2.blogspot.com/2008/05/x-claustro-ideal-oficial-ser-...

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Os foros das web dinámicas poden/están a ser un espazo para impulsar a reflexión dentro dos centros, pero cómpre cambiar moito neste ensino xerarquizado e reprodutor... Fáltanos crer en e crear os horizontes pedagóxicos da co-construción do coñecemento, penso.

Responder esta

Estou de acordo, pero é un primeiro paso, penso eu. Polo pouco que sei, as organizacións dos institutos son complicadas, quero dicir, hai que ir meténdose para entendelas. E é certo que o cambio de ser cambio, está moi lonxe da realidade. Pero é unha das cousas boas que ten a internet; que nos permite falar, compartir. Ben, eu considéroo moi necesario. No pouco tempo que levo, atopei moito máis espazo aquí para falar do que me preocupa, das inmensas dúbidas, de como ir comprendendo todo isto, como mellorar, como aprender dos erros, como compartir experiencias...

Responder esta

Unha que aínda é aspirante a... xa comeza a perder as esperanzas de que algo poida cambiar coas novas tecnoloxías ou sen elas.

Este días que andamos de oposicións e temos que pasar pola avaliación de compañeiros e compañeiras que comezan a tremer cando falas de novas tecnoloxías, de socioafectividade co alumnado, de vencer prexuízos etc. non temos lugar para estas cuestións ou somos moi inxustas ao valoralas. Claro, igual algún destes é o que sen pudor ningún di que as novas tecnoloxías nunca funcionan, que o que hai que ter é disciplina na aula, ou os que falan de ecoloxía e non son quen de reciclar un só papeliño.

"Ser mellor profesor": interesante referencia e interesante liña de traballo a que apuntan nese "cio". A rabia que teño hoxe só me permite dicir que para ser "mellor" (con moita modestia pola miña banda e con respecto cara a aqueles e aquelas que andades cada día procurando a superación, a formación e a "felicidade" vosa e do voso alumnado) primeiro hai que saber como somos técnica, didáctica e socialmente.

Responder esta

Evidentemente, son da opinión de que as novas tecnoloxías non van resolver as carencias na educación, aínda deshumanizan máis a práctica docente se se fai delas un mal uso. Pero o que está claro é que só de nos, como componente humano, depende o resultado da nosa labor educativa.

Como comenta Nasa de Pau, hai que facer un esforzo por non caer na desesperación ou na rabia, no agotamento. Somos moitos, xente nova que aporta dinamismo, outra non tan nova que aporta experiencia...

Pensaredes que son unha nostálxica, pero eu son das que pensa que aínda podemos mover o mundo...

Responder esta

RSS

Membros

  • Cristina
  • natalia lago garcia
  • MARÍA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • Javier Ameneiro Montero
  • Mónica Martínez Baleirón
  • Miguel
  • Mª DEL MAR PUMAREGA CEREIJO
  • David Touceda Bugallo

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo