Aínda que todo o mundo desexa pechar o curso canto antes, quixera lanzar unha consulta.
Estamos obrigados/as nos cursos LOE a avaliar as competencias básicas no alumnado e o que sen dúbida compartimos é a certeza de que, para poder facer tal avaliación axeitadamente, non temos formación suficiente nin dispuxemos de recursos axeitados para o desenvolvemento daquelas durante o curso.
Por iso, máis alá da teoría sobre o carácter das competencias e sobre as súas (fondas) implicacións didácticas, máis alá das orientacións do currículo e das palabras máxicas (interacción, desafío...):
que conxunto de indicadores ou descritores concretos poden ser máis operativos para orientar as tarefas na aula (sobre todo daquelas competencias necesariamente comúns a todas as áreas)?
ou o que é o mesmo, como avaliar de xeito práctico un amplo abano de competencias cando desenvolvemos procesos de traballo que temos claro que teñen potencialidades?
A respecto disto, hai material de bastante interese aquí.
En relación coa avaliación, esta charla de Carles Monereo:
Fonte

Tags: competencias, indicadores, tarefas

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Buf! tema peliagudo.
Acabamos de asistir ás avaliacións finais.
- ¿Por qué suspendeu?
- Porque non aprobou o exame.
E punto final.

Introdúcense as competencias, pero "asignaturízanse", os contidos non cambian e as probas de avaliación tampouco. Así que seguimos como estabamos.

Creo que para introducir as competencias (xa non só avalialas, senón traballar para que o alumnado as desenvolva) necesítase un cambio profundo de arriba a abaixo no sistema educativo e, sobre todo, na formación do profesorado.
Chega con que catro persoas se interesen por iso? Non, non chega.

Solución?

Responder esta

En todo caso, eu vexo de todo. Hai quen xa viña traballando nesta liña de creación de pequenos proxectos secuenciados e agora profunda; hai quen intenta adaptar as capacidades; e hai quen segue como se nada cambiase. E é o agardábel, porque a práctica pedagóxica non se modifica con decretos (nin tampouco con cursos). Se ás responsábeis educativas lles preocupase algo máis ca fardar cun currículo do trinque, teriamos debatido sobre isto xa anos atrás (como en Canarias ou Cataluña), estariamos formándonos colaborativamente nos centros co apoio da Administración, disporiamos de recursos elaborados por grupos de traballo...
O que eu pretendía era simplemente manifestar aquí esta (outra) necesidade fulcral, porque considero unha burla que nos esixan recoller os resultados de tal "avaliación" nestas condicións.

Responder esta

Oi Xano!

Aqui no Brasil passamos por um processo semelhante a este que descreves e nossas indagações são as mesmas e nossas carências também ..... somos professores cuja formação está alicerçada em um paradigma completamente diferente deste no qual temos que nos desempenhar. Além disso, nossa vivência, enquanto alunos, passa muito distante desta realidade. Hoje, teoria temos bastante, falar de competências tornou-se simples, porém realizar este trabalho com seriedade e profissionalismo e avaliar com justiça tornou-se um grande desafio.
Tenho estudado muito sobre este assunto e ultimamente estou lendo alguns autores Espanhóis e neles estou encontrando alguns caminhos mais seguros para trilhar. Antoni Zabala em A Prática Educativa: como ensinar traz um capítulo todo sobre a avaliação, leitura muito interessante e prática, gostei muito. Assim como acredito que J.I. Pozo em Aquisição do conhecimento: quando a carne se faz verbo tem importante contribuição a nos dar.
Esta discussão tem muitas implicações e muitas facetas ... esta que abordei é apenas uma delas.
Um abraço

Responder esta

RSS

Membros

  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Román
  • aranne
  • Nuria
  • Alejandra
  • Elvira
  • sergio
  • Mª del Rosario Pérez Rico
  • paula II

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo