Moi interesante o video e os documentos; mil grazas por compartilo :-)))
Hai moitísimos aspectos que se poderían comentar, pero eu, agora, quería saber un pouco que vos parece o que Vaello chama "profesores val", segue coa terminoloxía: profesores pico, con poder; profesores val, sen poder... Se profesor val é un estadio, unha fase na docencia ou pode converterse en algo permanente... Ou se o feito de ser profesor val indica demasiadas carencias e, se cadra, é un síntoma de que a docencia non é o seu lugar... Tamén, me gustaría saber se Vaello ten algún documento máis práctico onde conte casos concretos...

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Cuestións complexas para esta altura, pero fai falta darlles voltas para intentar mellorar a xestión da aula e do centro. Pareceume unha proposta práctica e aplicábel en diferentes contextos, cousa que non ocorre, nos espazos pedagóxicos que comparten, coa perspectiva integradora (e para min máis valiosa) de Ramón Flecha.
O concepto de profe val, ao meu ver, simplifica un pouco de máis a realidade e, en todo caso, será un indicador das deficiencias do sistema (na formación, na organización dos centros...). Máis alá das nosas competencias socioafectivas, debera haber sempre estratexias -fundamentalmente dialóxicas, didácticas- para xestionar mellor a aula.
Por certo, o vídeo non entrou. Pode verse, como ti fixeches, descargándoo desde aquí.
Os únicos documentos de Vaello que coñezo son os que nos ofrece Antoni de la Torre en La Paraula Vola.

Responder esta

Non sei se coñeces o seu libriño Las habilidades sociales en el aula (2005). Eu volvín sobre el este curso no desenvolvemento dunhas xornadas de formación co profesorado.

A liña de traballo é moi interesante: habilidades sociais, autoestima, o concepto de resilencia, a relación do profesorado-alumnado etc. É un material sinxeliño mais moi interesante para reflexionar sobre as actitudes e os comportamentos nosos e do noso alumnado e posíbeis respostas.

Eu o vídeo non fun quen de velo completo (nin antes nin agora coas indicacións de Xano).

Para min houbo dúas propostas que tamén me achegaron moito sobre estas cuestións desde os presupostos do ensino humanístico (La dimensión afectiva en el aprendizaje de idiomas de Jane Arnold) e o construtivismo social (Psicología para profesores de idiomas de Mariom Williams e Robert L. Burden).

Responder esta

Moitas, Nasa :0
Para ver o vídeo, preme en descarga free e logo no botón de descarga (seguramente teñas que agardar un tempiño).

Responder esta

RSS

Membros

  • SONIA
  • Paulo Miranda Faria
  • Miguel
  • futanita
  • Mónica
  • Laura
  • ana
  • SOPHIE
  • Toño

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo