Ao usarmos as tic, ben con material xa feito ou ben, creándoo, resulta moi díficl poder ter a totalidade dos recursos en galego; aínda que cada día se vaia avanzando un pouco máis. Daquela, hai que recorrer a outras linguas, maioritariamente, castelán e portugués. Ás veces, paréceme un pouco complicado presentarlle isto a un alumnado co que, en xeral, hai que traballar actitudes positivas cara á lingua; non sei se me explico. En fin, gustariame saber como solucionades isto? Grazas!

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Unha opción é utilizar opentrad para traducir de castelán a galego. Dese xeito podes navegar en galego por sitios que non están na nosa lingua.
Claro que non traduce contidos interactivos en flash, etc.

Responder esta

Xa son moitas as queixas pola miña parte ao respecto deste asunto. Como a nosa Consellería nin produce nin traduce practicamente ningún recurso TIC de calidade á nosa lingua, véxome obrigado a traballar nas clases os contidos TIC de Matemáticas e Coñecemento do Medio en castelán. No portal de contidos educativos podemos acceder a numerosos recursos TIC, pero os que teñen máis calidade (agás honrosas excepcións) son os que están en castelán. Tamén é certo que se indica que "en breve" serán traducidos. Só hai que agardar, pois. Mentres tanto, considero que utilizar os recursos en castelán forma parte da materia de Lingua Castelá que tamén imparto na tutoría de quinto de primaria. Lamentable.

Responder esta

Se, ademais, só damos aulas de lingua galega e literatura...

Responder esta

Rib, para a materia de Lingua é evidente que temos escasos recursos (e teño en conta o moi encomiábel traballo de recompilación de Rosa), mais isto podémolo ir resolvendo, penso, deste xeito:
i. traballando, como se cadra xa fas ti, desde un enfoque sociocomunicativo, con blogues do alumnado, en blogaliza, a blogoteca ou nireblog, con apertura aos materiais auténticos en galego na rede, que non son poucos: de asociacións e institucións, da prensa, do blogomillo...
ii. elaborando nós, sobre todo para a Sociolingüística e a Literatura, procesos de investigación e creación en forma de webquest, secuencias..., para o cal é posíbel (e, segundo as esixencias competenciais, mesmo recomendábel) que haxa que ligar con fontes de información en portugués.
Agora ben, como no resto das materias, deberiamos contar con grupos de traballo coordinados polas asesorías que lanzasen propostas abertas e publicasen recursos adaptábeis e atraentes, cousa que nós non soemos poder facer. Esta é unha das reivindicacións que desde aquí penso que conviña soster, porque a tradución sen máis non chega en absoluto para dar resposta ás nosas necesidades educativas de acordo coa realidade galega.
Por certo, falando de recursos atraentes, temos en galego un moi bo titoral de flash aquí (en presentación; polo de agora, só o inicio); está claro que manexar Macromedia flash non é tan doado como facelo cunha ferramenta web 2.0

Responder esta

Que como se soluciona? Só hai unha solución posible. Producir ti mesmo os materiais e facer un repositorio ou unha rede onde se poidan empregar. Si, é moi complicado e con moitas dificultades. Mais, hai outra posibilidade? Imos esperar a que traduzan non sei que cousa no dichoso portal? Pero quen monta esa trapallada? Non visita as webs doutras comunidades? Non ve as actividades que realizan? Non se poden colocar "todos" os premios que dan a traballos tódolos anos? Para que os convocan, entón?

Eu produzo o que podo, e a través desta rede e dos blogues que aquí se anuncian (tamén o meu) aproveito ben de cousas. Eu son de CC.SS. e gústame o Blogue de Xosé Antón, por citar un, e aproveito recursos e referencias dos colegas de galego. E chegado a este punto, teño unha proposta, que tamén é unha miña necesidade? Para cando unha toponimia dos países e elementos xeográficos do planeta.

Comento isto, porque xa estou aburrido de ver Alaska, ou Sierra Madre, ou Kazakhistán. A que esperamos, dado que os responsables siguen de vacacións perpetuas.

Un saúdo e sigamos...

Responder esta

Esta é unha serie de recursos audiovisuais en galego que colguei noutro foro e con outro nick:

Para atopar audiovisual en galego podes facer varias cousas, dende te achegares a unha libraría especializada e boa na que che fagan unha listaxe do que teñen ata ir ao Emule e baixar o que hai (series da galega, debuxos animados, determinadas pelis, documentais...).

Tamén lle podes botar unha ollada á revista do Clube de Lectores Biblos, que en numeros pasados xa ten feito monográficos sobre pelis coa opción en galego, ademais de cinema feito directamente en galego (sobre todo curtas). Na súa páxina non está todo, así que se coñeces algún socio ou socia que garde as revistas mellor.

Nas librarías podes atopar a serie documental Historias de Galicia (TVG) e tamén a colección enteira de cinema galego (?) que publicou a Voz.

Máis:
- Curtas na rede: http://www.curtasnarede.es/

- Centro Galego das Artes Audiovisuais: http://www.cgai.org
Podes pedir en préstamo fitas do seu arquivo e mesmo ver algunhas directamente en liña:
http://www.cgai.org/index.php?seccion=listado_visionado.php&id_...

- Axencia Audiovisual Galega: http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php
Na súa mediateca atoparás as seccións "Teu Tubo" e máis recursos.

- No portal do audiovisual do Consello da Cultura hai información, tráilers e mesmo curtas e animación de todo tipo, en galego ou non: http://www.culturagalega.org/avg/

- Curtametraxes: http://www.curtametraxes.com/
Páxina da xente de Mr. Misto coas súas obras. Hai auténticas delicias como "Cores", de Jairo Iglesias.

Responder esta

é unha pena que hoxe en día aínda non teñamos a man recursos na nosa lingua e temos que ir traducindo ao galego todo o que atopamos, supoño que co tempo isto mellorará. Eu tamén penso que é unha boa medida crear foros e blogs onde cada un poder colgar os seus e así compartilos. No CFR atopánse moitos materias creados por mestres que se poden utilizar, e algúns considero que son moi bos.

Responder esta

Seguindo na liña do audiovisual hai que felicitarse pola posta en marcha de Flocos, do Consorcio Audiovisual Galego:

http://flocos.tv/

Responder esta

RSS

Membros

  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Román
  • aranne

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo