Aproveitando que este é unha das ideas que se apuntan na presentación de "agora rede", gustaríame apuntar varios aspectos que penso se poderían debatir posto que o número de profes que participan é grande:
-acerca de como programar a materia
-acerca do uso dos libros de texto como un recurso máis, como o recurso ou por exemplo, eliminalos, ben usando outros materiais, ben reemprazándoos plenamente co uso de tics, case en exclusiva
-acerca das "interpretacións" que dan aos dcb das materias desde os libros de texto e as editoriais; poño un exemplo: en lingua galega, o dcb loxe poñía no apartado de comunicación para 3, medios de comunicación impresos; para 4, medios de comunicación audivisuais. Isto foi "interpretado" polos libros de texto da maioría das editorias como "tipos de texto", curiosamente ao igual que acontece no dcb de lingau castelá: en 3, narració, descrición e diálgo; en 4, exposición e argumentación, iso si, aderezado con "pingas" de xornais, publicidade... "pingas"...
-en que medida o libro de texto escollido "dirixe" a práctica docente...
-en que medida a editorial de turno "dirixe" os cambios educativos ou non cambios
-en que medida as tic axudan, entre outrs miles de cousas, a "dirixir" os profes mesmos a práctica docente
-....
(Gustaríame moito poder falar de "mellorar a práctica docente nun sentido amplo, as tic coma un elemento máis, aínda que potente" neste espazo, posto que a rede dános a posiblidade de estarmos en contacto moitas persoas interesadas pola docencia e a potencialidade das tic; grazas)

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Boas
O que comentas toca puntos fundamentais do debate sobre a mellora na práctica docente. Por exemplo, o papel que xoga o libro de texto, esa mantiña que nos arroupa, que nos dá calor e que nos "facilita" o día a día. Non é fácil abandonalo cando hai quen ve nel, en maior ou menor medida todos/as nalgunha ou en moitas ocasións, a boia á que amarrarse para manterse á flote, o recurso que nos permite safar o día a día sen maiores problemas. Nese sentido, si dirixe a nosa práctica docente.

Planificar a materia saltando o libro de texto e integrando as TIC, entre outros recursos, é que o propón (e levou a cabo) Xano aquí (interesante é o que comenta sobre a reacción do alumnado, que tamén se acostuma ao libro de texto). Pero este traballo custa moito esforzo e darlle a volta á nosa práctica docente (xa nos comentará Xano a valoración que fai ao rematar o curso).

Unha reflexión máis sobre o currículo e o libro de texto. Comparto o que comentas para Lingua Galega e xa que me tocou elaborar a programación de 1º e 3º para o meu departamento este curso e quizais 2º e 4º para o seguinte, non atopo en ningunha editorial un libro de texto que se adapte aos bloques encamiñados á produción de textos escritos e, moito menos, texto orais. Todos caen no que ti indicas e, como moito, hai algunha actualización nos contidos. Ou en canto ao léxico, seguen introducindo en xeral un apartado concreto por campos semánticos tal e como se fixo sempre.

Responder esta

Grazas por contestar. Ando algo perdida e non atopo o que comentas do que dixo Xano. Onde está? Non o atopo e gustaríame lelo...

Responder esta

Ola

A culpa é miña, había que premer en "aquí" pero ben se ve que non se advirte a hiperligazón ao traballo de Xano. Esta é:

http://remexernalingua.blogaliza.org/2007/09/28/proxectos-para-inte...

Saúdos

Responder esta

Obrigado por abrir este debate e pola "cita".
Despois do comentario tan longo que acabo de soltar en Recursos materiais, unha mínima nota. Eu xa teño dito algo aquí sobre os libros de texto que sei que non lle sentou ben a algunha xente. Aproveito para precisar. Respecto profundamente (e, en certos casos, admiro) o labor de elaboración de manuais escolares. Porén, este ano á orientación errada do proceso e á falta de planificación na revisión curricular, ambas as cuestións responsabilidade da Consellaría, sumouse un descaro por parte das editoriais: só adaptaron -se chegaron a tal- os contidos antigos, ficando cuestións centrais enteiras fóra! É certo que non tiveron tempo suficiente para crear grupos de reflexión e traballo acorde coas esixencias dun currículo por competencias, mais iso non creo que xustifique estes resultados. E para este próximo curso, máis do mesmo. Entón, se o libro de texto sempre foi cuestionábel, agora éo moito máis. E en relación con isto está o feito de que se valore como mérito para os docentes publicar un refazimento dese tipo e non se contemple recoñecer os materiais dixitais!
Ademais, poden os libros de texto (ou materiais polo estilo, non seus distintos soportes) encarreirar un desenvolvemento competencial co uso das TIC só posíbel cunha práctica previa pola nosa parte, practicamente todos "inmigrantes dixitais" (Jordi Adell dixit)?
Realmente, aínda con adaptacións, poden axudarnos a desenvolver outras competencias (entendidas como mobilización conxunta de habilidades para enfrontarse a tarefas complexas como as da vida real) ou máis ben enlámannos nunha seguridade reprodutora?

Responder esta

O tema dos libros de texto está moda, máis que nada porque están pasados de moda. E porque o alumnado cada vez pasa máis deles. Normal, estamos no século XXI. Non queda case nada en case ningures tan pouco interesante e atractivo coma un libro de texto. Este artigo é bastante interesante e tamén preocupante a reflexión sobre o que as poderosas editoriais, afíns a partidos políticos de todo signo e polo tanto sempre gañadoras, van facer cos "seus" libros de texto. Seguramente serán substituídos por libros dixitais ou contidos dixitais con selo editorial propio.
Daquela, pasaremos destes tempos semi-escuros nos que unha ínfima parte do profesorado elabora recursos TIC e/ou utiliza a rede para atopalos e utilizalos nas súas clases a un tempo no que de súpeto as TIC serán utilizadas por toda a comunidade educativa dun xeito máis atraínte que o que proporcionan os textos actuais pero sen liberdade creativa e funcional. Non sei, xa que logo, que tempo prefiro... Agardo que as/os que hoxe estamos polas TIC no ensino poidamos, cando menos, seguir a usar a aula de informática... (se existe).
Sobre o mérito das publicacións de docentes na rede, non sei se sabedes que hai unha campaña...

Responder esta

non sei se chegrá esta resposta porque é unha práctica pero penso que todas esas cousas que queres saber moitas veces tan solo son respostadas pola experiencia da vida.

Responder esta

RSS

Membros

  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo