Seguindo as indicacións de
dplingua inicio este tópico para comentarvos a posibilidade de abrir en
Blogaliza un espazo propio que reúna o blogomillo educativo galego. Coñecendo a amabilidade de
Pedro Silva, administrador de Blogaliza, púxenme en contacto con el para consultarlle a posibilidade de que nos ofrecesen as ferramentas necesarias para crear un punto de encontro para os profes que usamos os blogues na aula e para presentarlle 'agora rede. Este é o correo que lle enviei e a súa resposta:
Xoán a Pedro 10/02/08
Ola, abusando da túa amabilidade que nos tes demostrada o curso pasado cando contestaches unha serie de preguntas para o noso blogue, querería consultarche unha cuestión que ten surxido ultimamente entre un grupo de profes galegos que usamos os blogues nas aulas. Botamos en falta un directorio de educación, un blogomillo educativo en galego, e pensamos se podería ser Blogaliza a solución ás nosas necesidades. Nos últimos días temos iniciado un contacto na rede a través de
http://agorarede.ning.com/, aos poucos a cousa vai medrando e non parece que a Administración vaia dar unha resposta axeitada nun futuro próximo. Como ves a idea?
Un saúdo
Pedro a Xoán 11/02/08
Ola! curiosa coincidencia!
estes dias estamos estudando en blogaliza a incorporacion dunha forma de rede social, un modelo de relacion semellante ao que estades a traballar en ning.com.
a nosa proposta debera basearse en peoppleaggregator, e aínda non está completamente concretada, pero aproxímase ao voso.
Aparte da rede social, entendo que queredes algo semellante a un directorio de blogues sobre educacion? ou tal vez un agregador como o da portada de blogaliza, pero so de blogues educativos? ou outra cousa? Podedes contar coa nosa colaboracion. Eso seguro.
Saúde!
Que vos parece? Como responderiamos a estas preguntas que nos fai Pedro no seu correo?